A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña confirmou o arquivo da denuncia por agresión sexual contra o exconselleiro do Mar, Alfonso Villares, por «falta de indicios». Deste xeito, a sala rexeita a solicitude da acusación particular de devolver a causa ao órgano instrutor coa finalidade de que recibise declaración a dúas persoas. No auto, os maxistrados subliñan que a investigación xa practicada «foi ampla e minuciosa» e que, con base nela, a xuíza instrutora «non apreciou indicios bastantes para procesar», criterio compartido polo Ministerio Fiscal.
Alfonso Villares presentara a súa dimisión a cargo do departamento autonómico de Mar nunha comparecencia urxente convocada en San Caetano, a sede central do Gobierno galego en xuño do pasado ano 2025. Afirmou entón que dimitía para poder «defenderse» en mellores condicións ante unha acusación da que se declarou «totalmente inocente».