Arrincou en Ourense a 2ª edición do Xacobeo Peregrinas con Lydia del Olmo e Cristina Pato

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron este xoves no primeiro encontro da II edición do ciclo Xacobeo Peregrinas, un ciclo de conversacións protagonizadas por mulleres referentes na súa traxectoria profesional e no que hoxe participaron Lydia del Olmo e Cristina Pato e como moderadora a xornalista Marta Gómez.

Nava Castro indicou que a través deste ciclo, desde o Goberno galego dáselle voz e visibilidade ao papel tan importante que ten a muller. “Porque con todo, a pesar desta realidade, a pesar da gran achega das mulleres a todos os sectores, segue habendo invisibilidade feminina”, indicou a directora.

Mediante esta iniciativa, preténdese afrontar os dilemas e desafíos da sociedade contemporánea desde a perspectiva da diversidade e o diálogo a través dunha programación multidisciplinar capaz de unir a ciencia, a innovación, as artes, a música, o deseño, a arquitectura, o deporte, a gastronomía ou a filosofía grazas ás participantes convidadas.

O encontro tivo lugar no Paraninfo do IES Otero Pedraio, en Ourense, considerado unha situación estratéxica como punto de encontro e parada obrigada na Vía da Prata – Camiño Mozárabe a Santiago de Compostela, xa que ofrece aos camiñantes un descanso gozoso grazas ás augas termais e a beleza da paisaxe

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha