A última actualización fala xa de 175 hectáreas queimadas no lume de Ribeira, que afecta tamén o concello de Porto do Son. Un lume que comezou este venres ás once da noite e que este sábado seguía activo.
San Pedro de Muro, é unha das parroquias do Son máis afectadas polo lume e que levou por diante máis de 150 hectáreas co vento como aliado.
Miran cara ao lume con impotencia. É un monstro que arrasa con toda a vida que atopa por diante. É terrorismo ambiental. XOSÉ GONZÁLEZ, CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL: «Calquera persoa que nestas circunstancias climatolóxicas, polo motivo que sexa, lle prenda lume ao monte é un delincuente».
Delincuentes que ano tras ano acaban co que é de todos. Dende pola mañá investíganse os sospeitosos de orixinar este incendio. Catro hidroavións e nove helicópteros, ademais de numerosos medios terretres, traballaron arreo durante todo o día para intentar que o lume faga o menor dano posible.