O Concello de Arteixo concede 22 axudas á creación de empresas. Son 3.000 euros para cada nova empresa que se creou no municipio este ano tal e como recolle o Plan Municipal de Promoción do Emprego co que se pretende impulsar de forma activa a creación de postos de traballo.
Trátase de axudas a autónomos ou empresas que se creraran no concello en 2020. A axuda abarca o 50% dos gastos de posta en marcha e funcionamento dos tres meses anteriores e posteriores ao inicio da actividade, cun máximo de 3.000 € por beneficiario.
O Departamento de Promoción e Desenvolvemento que dirixe Ángel Vázquez asesora aos novos proxectos de negocio, axuda e orienta aos futuros emprendedores en todos os aspectos relacionados coa nova actividade.