29
O Concello de Arteixo, para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega e honrar o seu Patriarca, celebra o 30º Certame de Narracións Breves «Manuel Murguía» nun acto a desenvolver o día 13 de novembro ás 20:00 horas.
O acto, que será público, contará coa presenza das autoridades e incluirá a colocación dunha pancarta publicitaria no exterior do Centro Cívico Cultural de Arteixo, así como a inauguración dunha obra artística conmemorativa da autoría de Dores Polo e Benito Freire. A obra escultórica, de ferro, azulexos e case dous metros de alto será brevemente presentada polos autores.
A 30ª Edición deste certame amplía novamente a súa dotación económica ata os 7.000 euros.