Na presentación desta peza de promoción participou a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro Castro, a artesá Elena Ferro, así coma o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz.
O novo agasallo institucional do Concello de Boiro é un chaveiro de coiro en cor laranxa e madeira negra que imita un mexillón e que vai presentado nunha lata de conservas, baseada na icónica obra do artista estadounidenses Andy Warhol. Os chaveiros empregaranse para agasallo institucional e poderanse mercar na páxina web de Eferro.
O Concello de Boiro encargou tamén a Elena Ferro o zoco en tamaño real e o seu obradoiro artesán aumentará a súa colección con el, comercializándoo baixo o nome de Modelo Boiro. Ao igual que os chaveiros, o zoco está elaborado en coiro acharolado en cor laranxa e madeira negra e pode adquirirse na páxina web de Eferro.