Tanto a verdade como a mentira teñen sempre doble fío. E nestes artigos de opinión, que non son noticias, vai moi pouco do que eu opino e moito do que opinan os meus veciños, aínda que non sempre sexan acertadas o 100% esas afirmacións, pero sempre apostei pola verdade. Na mentira están instalados os que minten por algún interese ou, os que, podendo informar, ocultan e desinforman malintencionadamente. Aclarar un pequeno dato: os seis apartamentos turísticos dun veciño xusto de par do aparcamento novo de Balarés non son ningún “hotelucho” nin son ningún “hotel de luxo”, como afirman moitos, trátase só dun proxecto particular e privado dun veciño que coincide, “casualmente”, a súa ubicación con este proxecto da Deputación que é anterior no tempo o asunto dos seis apartamentos turísticos de Balarés.
A Deputación da Coruña adxudicou por 396.800 euros as obras de construción dun aparcadoiro con 395 prazas no entorno da praia de Balarés nunha parcela de 30.000 metros cadrados, esto forma parte desa verdade da que falo neste artigo.
Por outra banda, A Xunta de Galicia recoñece o tramo costeiro da plaia de Balarés como de «alto valor ambiental»
Con estos precedentes, resulta chamativo a autorización da Xunta para a realización de calquera actividade preto desta praia, cando é a propia Administración a que recoñece que esta localización «se encuentra dentro de un espacio litoral de alto valor ambiental» incluído na Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) Costa da Morte, tamén protexida polas figuras de Zona Especial de Conservación (ZEC) Costa da Morte e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Costa da Morte (norte).
No seu informe, a Consellería de Medio Ambiente recoñece, ademáis, que este lugar «alberga también poblaciones de especies de interés para la conservación entre las que destacan sobre todo la de las aves, así como anfibios, plantas y murciélagos, todas ellas muy sensibles a las perturbaciones de sus hábitats«.
Ademáis -reiteran dende a Xunta- «consultado el SITEB -Sistema de Información Territorial de la Biodiversidad-, las localizaciones elegidas se sitúan en el área de distribución de numerosas especies incluídas en el Decreto 88/2007, del 19 de abril, por el que se regula el Catálogo Gallego de Especies Amenazadas (CGEA), en la Directiva 92/43/CEE del Consejo, del 21 de mayo, y/o en la Directiva 2009/147/CE del 30 de noviembre«, existindo ademáis «una zona de especies silvestres en régimen de protección especial» dentro del Catálogo Español de Especies Amenazadas.
Óscar Souto Rodríguez
Voceiro de UCIN para Galicia.