Artigo de opinión | Polo Día Mundial dos Humidais

3 minutes read

No Día Mundial dos Humidais, o pasado venres 2 de febreiro, coincidindo coa Candelaria [o día que casan os paxaros aqui en Galicia], temos algúns asuntos dos que falar sobre os humidais e sistemas ecolóxicos protexidos de especial interese pois o carteliño dos demáis partidos políticos con fotos chulas está precioso, pero a realidade é moi, moi, mooooi diferente, moito. A realidade é que non se están protexendo, na práctica, as nosas zonas máis sensibles, ou parte delas, e se non hai colectivos ou agrupacións pelexando por defender estes humidais e zonas verdes, elas soas non poden falar, queixarse ou pedir auxilio. E aqui temos algúns problemas importantes a tratar. A subida do nivel do mar, que pon en perigo os esteiros e as zonas protexidas máis emblemáticas da costa galega, e este avance do nivel do mar non ten apenas solución, mais si puideron facer algunhas obras para prepararnos para esta subida e ninguén fixo absolutamente nada, e por qué?, pois porque non hai nadie no timón do barco.

Están preocupados só dos seus chiringuitos e chanchullos variados e esquencen aposta outros asuntos moi importantes para Galicia, pois somos unha comunidade que vende VERDE ao mundo exterior, o turismo quere ver VERDE, e para poder manter os nosos tesouros verdescentes é básico organizarnos e protexer entre todos os nosos lugares máis fermosos. Nas rutas de peregrinación e outras rutas de sendeirismo legais e alegais, xa me entendedes, hai que apartar eseas «rutillas» das zonas de especial protección de aves [ZEPS] , zonas dunares, zonas de especial protección hidrográfica, rede natura 2000, etc, cousa que ninguén o está impedindo.

Cando os pés, verdes ou vermellos, azuis ou morados, van facendo carreiro non paran de recorrer eses novos carreiros e non lles importa o dano que poidan causar ó noso PATRIMONIO NATURAL E ECOLÓXICO. E as administracións cando xa está o camiño feito plantan unha sinal de prohibido o paso, de adorno, que xa ninguén lle presta ningunha atención. Plantan eólicos onde sabedes moi ben que se dana o paso migratorio de aves, e morren a cotío outras especies en perigo de extinción e únicas, só para que empresas eólicas privadas fagan cartos sen ningún beneficio para o noso territorio.

Vai a Deputación ao Fitur e en vez de promocionar o noso verde, as nosas zonas destacables, o noso territorio, gastronomía, hoteis, restaurantes, etc, ocórreselle levar a un señor particular para que promocione o seu «chiringuito playero» no Fitur de Madrid, preto ademáis dunha zona con 5 proteccións ecolóxicas recoñecidas pola propia Xunta de Galicia. E nós quedamos estupefactos ollando atónitos como dirixen o noso barco estes patróns que nunca ó mar foron e defráudannos de cote e dicimos : asi nos vai. Teremos que ser nós, Pobo, nós, os que defendamos o noso Patrimonio natural, só nós poderemos defender ó noso PATRIMONIO VERDE , polo ben común. Xa non temos emprego, industria, o agro morre, as mariscadoras xa mariscan axudas, cunchas de marisco morto e cheques de 500 euros, xusto antes de ir a votar, morreunos xa todo, morreu ou…. matárono, e só nos queda o noso PAÍS VERDESCENTE, A NOSA COSTA VERDESCENTE, só nos queda o noso verde, é o noso último tesouro. Temos que loitar por el.

Por: Óscar de Souto.