Arturo Fernández e Iván Domínguez, novos embaixadores dos peixes e mariscos de Laxe

A lonxa de Laxe viviu este sábado o último día das IV xornadas de pesca artesanal co nomeamento dos Embaixadores dos Pescados e Mariscos como acto central. O encontro contou coa asistencia da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, quen, en nome da Consellería do Mar, puxo en valor o extraordinario potencial alimenticio que ofrece o litoral galego, pois, da man dun sector comprometido coa sostibilidade, supón unha fonte xeradora de produtos de altísima calidade e representa a un dos piares máis importantes da economía galega.

O recoñecido presentador da Galega, Arturo Fernández, e o cociñeiro, Iván Domínguez, recolleron este distintivo, que outorga desde hai catro anos a confraría de pescadores a persoeiros cun profundo compromiso coa vila mariñeira e coa súa actividade marítimo-pesqueira. Showcookings, poxas en directo, degustacións de  navalla e longueirón, e actividades para os máis pequenos, completaron o programa desta edición que, novamente, contou coa colaboración económica da Xunta de Galicia.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte