As axudas do PEL da Deputación terán novos prazos

1 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou este martes que o «pago puntual» a provedores e contratistas, así como o das subvencións xustificadas, será un dos «servizos esenciais» nos que a institución provincial seguirá centrando os seus esforzos durante a crise sanitaria do coronavirus.

Neste sentido, o presidente provincial avanzou tamén que aínda que os prazos para que pemes, autonómos e emprendedores soliciten as axudas do Plan de emprego local (PEL) remataban o día 24 de marzo, «esta data queda suspendida e comunicarase oportunamente a nova data límite das solicitudes, así como as novidades que puidera haber no PEL, ante o difícil escenario económico que se aveciña».