As axudas para a compra de electrodomésticos activas desde este xoves

1 minutes read

A partir deste xoves 8 de febreiro xa se van poder solicitar as axudas do programa Galicia Renova Electrodomésticos, ás que se destina un orzamento autonómico de 2,2 M€ coa intención de que se beneficien ata 14.000 fogares galegos. Ata o momento, son xa case 400 os establecementos adheridos a esta campaña.

As axudas cobren o 25% do custo do electrodoméstico e, en caso de consumidores vulnerables, entre o 50% e o 75%. É dicir, oscilan entre os 100 e os 450 euros e son para a compra de frigoríficos, frigorífico-conxelador, conxelador, lavadora, lavalouzas ou placas de indución coa correspondente cualificación enerxética.

Nun contexto de suba de prezos, o obxectivo deste programa é axudar ás familias galegas na compra dun novo electrodoméstico para o seu fogar, ao tempo que se fomenta a concienciación social sobre a eficiencia enerxética e se dinamizan as vendas no comercio local.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?