Moi bo arranque de partido do Calvo Basket Xiria este sábado ante o CB Tormes na súa cita salmantina, pero as baixas de última hora sufridas esta samana -Nahuel, Asier, Pablo Pizarro- pasaron factura o conxunto carballés no terceiro cuarto. Ata o minuto 4 dese terceiro cuarto, o CB Tormes non lograba poñerse por diante con claridade, (52-50). Moito acerto no lanzamento, boa defensa e contraataques efectivos levaron ao equipo salmantino finalmente, cun gran refacho ademais desde 6.75m de Albert Garrido, a pechar o cuarto 69-60 arriba. A partir dese momento, o equipo local fíxose forte, apoiado pola súa xente, e pechou o partido cun gran traballo, asentándose nos 10 puntos de renda, que fixeron que o choque non correse xa perigo ata o minuto final, 84-69. Neste último parcial, os salmantinos sufriron a baixa de Ayo Akinwole, que nun lance do xogo sufriu unha aparatosa brecha na cabeza, que lle fixo saír da cancha para ser atendido polos sanitarios.
25