As cachelas de San Xoán na Laracha e en Muxía deberán contar con autorización

Hoguera_PIXABAY

  • No caso de Muxía, o prazo de solicitudes remata ás 13:00 horas do 21 de xuño

A unha semana de celebrar unha das festas máis emblemáticas de Galicia, o San Xoán, varios concellos continúan facendo fincapé na importancia de obter unha autorización para poder realizar as cachelas. Este é o caso da Laracha ou Muxía, que emitiron un comunicado especificando as datas límite para rexistrar a solicitude ou as condicións para celebrar o evento.

No caso da Laracha, os documentos poden descargarse da web municipal e deben presentarse no rexistro xeral ou a través da sede electrónica. Debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, este ano o Concello non permitirá as cachelas en ningún espazo público (rúas, prazas, praias, etc).

En Muxía, o Concello permite que se fagan fogueiras «sempre e cando sexa en espazos privados así como os locais de hostelería que desexen facer grelladas», destaca o alcalde, Iago Toba. O prazo de presentación das solicitudes, de particulares e locais, rematará ás 13:00 horas do día 21 de xuño de 2021.

En ambos casos deberán respetarse as medidas sanitarias.

Related posts

Ana Pontón afirmou que ve Carballo «a tope» e cun “impulso renovado”

O PSOE de Coristanco «lamenta e denuncia» que non se lle entregue a documentación relacionada co pozo do CEIP Canosa-Rus

O Pleno da Laracha aproba por unanimidade a proposta do Goberno Local para destinar os fondos do POS+ Adicional