As cadetes do Fogar novas subcampioas provinciais de cros

1 minutes read

No Parque Eugenio Granell de Santiago, 17 atletas e triatletas das escolas de base da AD Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte na Final Provincial de Campo A Través Escolar encadrado dentro do Programa Xogade. Nunha mañá inmellorable para a práctica do cros, as cadetes participantes facíanse co subcampionato provincial con Irene Santomé como 8ª clasificada, Inés Duarte 12ª, Ana Ézara 13ª e María Líu 26ª. Nas carreiras masculinas os infantís foron 4º con Iago Bello 18º, Jorge Rodríguez 24º, Abel Antelo 29º e Martín Cid 37º; mentres que os cadetes remataron 6º con Líam Hernández 15º, Lino Souto 18º, Nicolás Mato 21º e Álex Vicente 30º. A título individual o mellor da AD Fogar foi Román Ponte como 9º clasificado benxamín.