As clases máis doces danse na Escola de Cociña municipal de Ponteceso

0 minutes read

Os nenos e nenas que participan na Escola de Cociña municipal do Concello de Ponteceso seguen aprendendo moitas recetas. Esta semana os que forman parte do grupo de Ponteceso fixeron magdalenas, mentres que os do grupo de Corme realizaron tarta de selva negra.

Esta iniciativa ten un gran éxito entre os máis pequenos debido á que traballan en equipo e comparten intereses.