- As concellarías de Bibliotecas e Mercados únense para poñer a disposición da veciñanza “Libros que alimentan”.
Coa intención de darlles unha nova vida aos libros, desde a Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística veñen impulsando distintas iniciativas, entre elas a creación de zonas de bookcrossing en distintos puntos, como as praias durante o verán ou o mercado municipal durante o inverno. E precisamente no mercado vaise desenvolver a próxima actividade: unha solta de libros que se denomina Libros que alimentan, porque agora na praza de abastos, ademais de alimento para o corpo, haberá alimento para a mente. Dende o xoves 21, por cada compra que realices no mercado municipal recibirás un vale que poderás trocar por un libro, ata fin de existencias. Os vales poderán trocarse no posto instalado na entrada da Gran Vía os xoves 21 e 28 de decembro, de 11.00 a 13.00 horas.