0
O Bergantiños segue a complicar a súa situación na Segunda Federación. O equipo carballés perdeu na casa diante do Palencia Cristo Atlético, e queda a dez puntos do Raio Cantabria, conxunto que ocupa arestora o posto de play out. O Bergantiños non conseguiu crear perigo diante da porta palentina, e abondou un único tanto visitante, o do galego Adri Castro no minuto 65 do encontro para que os tres puntos se escapasen das Eiroas. Sexta derrota consecutiva para un Bergantiños que acumula dez xornadas sen gañar. Unha chama que se vai apagando de cara ao treito decisivo do final da temporada.