As entidades de crédito prestarán servizos financeiros presenciais en todos os municipios

1 minutes read

As patronais bancarias acordaron, nunha reunión coa vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, unha folla de ruta co obxectivo de que as entidades de crédito aseguren o acceso a servizos financeiros presenciais para o 100% do territorio, o que favorecerá a loita contra o despoboamento e contribuirá a unha adecuada vertebración territorial. Este compromiso materializarase nunha nova actualización do ‘Protocolo Estratéxico para Reforzar o Compromiso Social e Sostible da Banca’, subscrito o 23 de xullo de 2021 pola Asociación Española de Banca (AEB), a Confederación Española de Caixas de Aforro (CECA) e a Unión Española de Cooperativas de Crédito (Unacc). Este Protocolo actualizouse en febreiro de 2021 para garantir a inclusión financeira e a atención personalizada dos maiores.