31
O intérprete, compositor, músico e produtor colombiano estará na cidade na súa única actuación en Galicia no 2022. Camilo gañou o Grammy latino 2020 e estivo nominado ao Grammy 2021. Trátase dunha referencia internacional que conta con máis de cinco billóns de reproducións en todas as plataformas dixitais arredor do mundo. Ademais, é o artista latino con maior número de seguidores en TikTok: 21,6 millóns. As entradas para o concerto que Camilo ofrecerá no Coliseum da Coruña o xoves 21 de xullo sairán á venda este luns 7 de febreiro. Os billetes, como é habitual, estarán dispoñibles a través de Internet (en Ataquilla e El Corte Inglés) e no despacho de billetes da praza de Ourense a partir das 12.00 horas.