- As actividades celebraranse do 27 ao 31 de decembro
O Concello de Cabana acaba de presentar unha nova edición do Meniñeiro, un programa de conciliación familiar que busca fomentar o coidado e ocio da rapazada durante as datas festivas de Nadal. As actividades desenvolveranse na Casa da Cultura do 27 ao 31 de decembro, ambos incluídos, de 10:00 a 14:00 horas.
As inscricións deberán realizarse no Concello cubrindo unha solicitude que se atopa na web municipal. As prazas son limitadas e os prazo para anotarse irá do 13 ao 17 de decembro. A partir do día 22 contactarase telefonicamente coas familias dos menores admitidos.
O alcalde de Cabana, José Muíño, incidiu de novo na «grande oferta de actividades» que ofrece o Concello ao mesmo tempo que dá «resposta a unha alta demanda». O Meniñeiro é unha iniciativa que se celebra todos os anos (exceptuando o pasado ano) desde o 2007 e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.