As obras de renovación da cuberta da piscina municipal da Laracha comezarán no mes de marzo de 2026

Fuente: hebesport.es

O Concello informa que o inicio das obras de renovación integral da cuberta da piscina municipal queda aprazado ata o vindeiro mes de marzo.

A decisión adoptouse de acordo coa dirección de obra e coa empresa adxudicataria da execución dos traballos, Construcciones López Cao S.L., debido a que o subministro dos materiais non será posible antes do outono, e non é recomendable executar traballos na cuberta durante esa época nin tampouco no inverno.

Mentres tanto, a piscina municipal seguirá aberta ao público con normalidade, ofrecendo o servizo habitual aos seus usuarios. Unha vez que comecen as obras en marzo, será preciso pechar temporalmente a instalación. O Concello comunicará oportunamente as datas exactas de peche e reapertura para minimizar as molestias.

O Concello investirá 215.000 euros, procedentes integramente de fondos propios municipais, neste proxecto dirixido a mellorar a impermeabilización e a eficiencia enerxética das instalacións para ofrecer un mellor confort aos usuarios.

Related posts

Vimianzo acollerá o sábado 3 de outubro unha campaña de limpeza do Río Grande

O luns 15 comeza o período voluntario de pago anual dos impostos en Carballo

Aberto o prazo para anotarse nas 30 actividades culturais, dixitais e deportivas organizadas polo Concello de Zas