As probas dos procesos selectivos pendentes na Xunta correspondentes á Admininistración Pública xeral celebraranse nas primeiras quincenas dos meses de xuño e de xullo.
Destas probas, 24 serán a principios do mes de xuño, e outras 9 en xullo.
As datas concretas para cada unha das probas coñeceranse este venres.
Así o explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa comparecencia tras a reunión semanal do Goberno galego.
En total ofértanse 900 prazas en que están rexistrados máis de 40.000 aspirantes. Trátase de prazas en diferentes niveis administrativos, tanto de persoal auxiliar como subalterno.