É o caso de Furia Joven, que este ano chegará por segundo verán consecutivo desde Canarias a Galicia promocionando o seu espectáculo musical, ademais, dando a coñecer ao Concello de Mogán, como patrocinador, e destino turistico da illa das Palmas. ‘Mogán teine ganas de verte…’ ou ‘Mogán… cálido paraíso’ son algúns dos eslóganes que locen nos laterais do tráiler-escenario de Furia Joven que está a terminar de poñer a punto toda a montaxe de iluminación, son e vídeo para o seu espectáculo.

Furia Joven ten case lista a súa nova posta en escena en Galicia, un espectáculo que dará comezo a partir do 10 de xuño a través do Tour Síguelo 2019, ademais de Galicia, tamén estarán presentes en festas de Asturias e León, cun equipo de músicos con gran experiencia e calidade, unha dianteira potente, alegre, fresca e moi dinámica, e dúas bailarinas que son un auténtico luxo nas innovadoras coreografías que están a preparar. O mellor e máis actual do panorama musical, sempre con arranxos e ritmos latinos, mesturarase cos temas propios da formación.