As orquestras dan a tempada por perdida

1 minutes read
  • Ao redor das festas viran unha chea de actividades prexudicadas como, cantinas, atraccións, polbeiras, postos de comida, alumeado, fogos, etc…

A crise santiaria provocada pola COVID-19 vai afectar as festas, un dos piares económicos de Galicia. A súa probable cancelación deixa sen actividade ata o ano que vén o sector das verbenas. Orquestras e músicos xa dan a tempada por perdida. Como moitos outros, as redes sociais están a converterse no seu escenario virtual. Incerteza que afecta tamén grupos que centran boa parte da súa actividade nas vodas, aprazadas na súa gran maioría. Son momentos difíciles para este sector que aproveita para solidarizarse coa sociedade para pedir que, unha vez superada esta situación, non se esquezan deles.

https://www.facebook.com/panorama.show/videos/654154098708917/?t=4