As praias de Malpica únense á iniciativa “Praia Pallet”

1 minutes read

Desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Malpica, xunto con Surf and Clean, Aprende Através do Surfing e One Surf Academy, coa colaboración de Aspaber e o traballo das redeiras de Malpica, poñen en marcha un proxecto moi especial para coidar das praias do municipio.

Trátase duns caixóns de madeira de pallet elaborados por Aspaber e que xa quedaron instalados en Seaia, en Beo, As Torradas e Rías. Neles poderás deixar os plásticos ou lixo que o mar arrastra ata a area cando paseas pola praia, axudando a manter o litoral municipal máis limpo.

Aclarar que estos caixóns son só para o lixo que trae o mar, non para o que xeramos cando imos pasar o día á praia. A idea orixinal naceu de Clean Ocean Project, e agora Malpica convértese nun concello pioneiro na zona na instalación deste sistema de recollida. A iniciativa xa se presentara no Malpica Surf Fest, o pasado mes de outubro.