As pulpeiras queren volver cos postos ás rúas

1 minutes read

 Tras suspendérense as feiras e romarías, o seu negocio quedou paralizado co estado de alarma, a pesar de ser un produto alimentario. Aseguran que se poden manter as medidas hixiénicas e de seguridade coma en peixerías ou panaderías. O polbo agarda nas cámaras frigoríficas, e as pulpeiras, man sobre man cando lles tocaba temporada alta. Solicitaron na Subdelegación do Goberno que lles autoricen a instalación dos postos na rúa, respectando as mesmas condicións de seguridade que outros negocios de alimentación. Estas solucións din que non representan nin o dez por cento do negocio, pero que axudarían algo a poder ir tirando.