Unha rapaza e seis rapaces das Escolas Balonmán Xiria concentraránse esta fin de semana coa correspondente Selección Galega de Balonmán para preparar o Campionato de España de Seleccións Autonómica (CESA) de Cantabria do vindeiro xaneiro.
A infantil do Punta del Este Xiria, Leticia Santos Insua concentraráse xa este venres 20 en Lalín até o luns 23, adestrando no Lalín Arena e aloxada no Albergue Vicente Agulló.
Xurxo Fraga, Pablo Veiga e Érik Vázquez, xogadores do Garaysa Xiria infantil masculino están chamados para o venres 20 no Pavillón do Colexio San Narciso de Pontevedra, onde tamén se aloxarán, combinando adestramentos no Pavillón da Cañota de Marín, ata o domingo 22.
Polo cadete masculino, Martín Fuentes Pombo do Grupo Lemaco Xiria está chamado para concentrarse o sábado 21 no Pavillón do Colexio San Narciso, onde tamén se aloxará, combinando adestramentos no Pavillón da Cañota de Marín, ata o domingo 22.
Mario Cancela e Alejandro Gómez, xuvenís do Laber Xiria concentraránse o domingo 22 no Pavillón do Centro de Tecnificación de Galicia, onde adestrarán conxuntamente co Pavillón do Colexio San Narciso de Pontevedra, onde tamén se aloxarán. Os xuvenís son adestrados polo técnico Fernando Vázquez Quinteiro, adestrador do Goldie Xiria Carballo Turismo (senior feminino) e do Hierros Varela Urbieta (cadete femenino)