As tarxetas-bono “Sempre Carballo” xa suman máis 10.000 usuarios

1 minutes read
  • O prazo continuará aberto ata o 15 de novembro a través da páxina web www.semprecarballo.gal

As tarxetas-bono «Sempre Carballo» xa superan os 10.00 usuarios dez días despois de que se abrira o prazo para solicitalas, comenzando a un ritmo máis que exitoso ao recibir máis de 5.000 demandas nas primeiras 24 horas. O prazo continuará aberto ata o 15 de novembro a través da páxina web www.semprecarballo.gal.

Estas tarxetas contan cun saldo de 30 euros para consumirse ata o 30 de novembro en calquera dos máis de 270 locais adheridos á campaña de reactivación da economía local promovida polo Concello, á que destina un total de 700.000 euros.