43
- É a primeira vez dende 2012 que se rexistra unha caída nas matriculacións durante este mes.
Xullo adoita ser un bo mes para venda de coches, segundo a patronal de concesionarios, pero a incerteza do mercado fixo que as matriculacións de turismos descenderan un 11 por cento en toda España. Con todo, en Galicia a baixada foi menor. Atribúen este dato ao plan Renove posto en marcha o pasado 24 de xullo para incentivar a compra de coches máis eficientes. As axudas van dos mil aos mil cincocentos euros, en función das emisións de co2. No 75 por cento dos accidentes están implicados coches de máis de dez anos. Mellorar a seguridade é outro dos obxectivos deste plan que estará en vigor ata outubro. Segundo os concesinarios, será entre agosto e setembro cando comece a notarse nas vendas.