A produción ecolóxica está en auxe en Galicia e que no caso dos produtos mariños aumentou preto dun 50 % nos últimos catro anos. As vendas de conservas de peixe, de produtos de acuicultura e algas certificadas co selo do Craega pasaron de preto de 14 millóns de euros en 2018 a roldar os 21 M€ en 2022. Esta tendencia é o resultado dunha sociedade que cada vez demanda máis produtos da máxima calidade que ao mesmo tempo acrediten que foron obtidos de xeito respectuoso co medio ambiente e apostando en todo momento pola sustentabilidade. Neste sentido, a identificación das bateas de produción ecolóxica co distintivo do Craega é unha das accións previstas no convenio de colaboración asinado para este ano entre a Consellería do Mar e o organismo regulador, un acordo que conta cun orzamento global de 80.000 euros aportados a partes iguais polos dous asinantes.
0