Así loita a UE contra os ciberataques

1 minutes read

Duro golpe aos piratas informáticos. É a primeira vez que a Unión Europea emprega o seu poder para sancionar a persoas e entidades implicadas en ciberataques. Entre as medidas está o bloqueo de contas bancarias ou a prohibición de viaxar. Polo momento 6 individuos e 3 entidades serán sancionadas por unha longa lista de ataques informáticos. Nela inclúese un cometido en 2018 contra a Organización para a Prohibición das Armas Químicas, con sede na Haia. O Ministro de Exteriores holandés aplaudía a determinación de Bruxelas e o seu marco de medidas restritivas. Este réxime de sancións foi prorrogado polo Consello ata maio de 2021.