Asier Comendeiro renova polo Calvo Basket Xiria


Asier Comendeiro Rodríguez (A Coruña · 1996), tras a gran tempada realizada en 1ª Autonómica, sendo o xogador do equipo con mellores porcentaxes e valoración global, o xogador criado en categorías base do Liceo la Paz, volverá ser unha peza importante no organigrama do CALVO BASKET XIRIA, para a vindeira tempada 2022/23.
Xogador polivalente que pode xogar de interior, dada a súa soltura baixo taboleiros, pero que tamén o fai coma exterior, adaptándose a que foi a súa posición natural e polo tanto converterse nun xogador difícil de defender. A pasada tempada na 1ª Div. Autonómica, promediou 15 puntos en 23 minutos, nos 23 partidos xogados, quedando en 3º posto do TOP 20 da Liga. En Liga EBA, esta será a súa 6 tempada, dende que que debutara co Basquet Coruña sendo sénior de primeiro ano. Leva disputados case 1700 min., con 474 puntos, e 295 rebotes.