Asinado un convenio para construir 286 vivendas de promoción pública en Galicia

1 minutes read

Serán cofinanciadas polo Goberno galego e con fondos da Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, tal e como recolle o convenio asinado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Trátase do terceiro convenio destas características que asinan o Goberno galego e o Executivo central. Ao abeiro deste acordo, construiranse 66 vivendas de promoción pública en Ourense; 20, en Mos; 54, en Ferrol, e 146, en Lugo, que se integrarán no parque público de vivenda propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e se adxudicarán a través do Rexistro de Demandantes de Galicia.