Atopado o corpo sen vida dunha muller aboiando no embalse de A Rúa

1 minutes read

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular, que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, ao fío das 17:30 horas deste sábado, para informar que víase flotar o corpo dun varón no embalse da parroquia da Rúa de Valdeorras. Despois do rescate, os efectivos de emerxencias confirmaron que se trataba dunha muller.
Axiña, desde o 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras, que mobilizou aos membros do Grupo Acuático ata o lugar dos feitos para efectuar a recuperación do corpo.
O operativo foi completado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Garda Civil e da Policía Local, ademais dos efectivos de Protección Civil da localidade.