Atopan falecido a un home de 64 anos desaparecido en Silleda

1 minutes read

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición arredor das 22:30 horas da noite do pasado sábado, logo de que fose informado a través dun centro de persoas maiores de Silleda, pois desaparecera un residente.

Os feitos puxéronse en coñecemento dos axentes da Garda Civil, que organizaron un operativo ao que se incorporou a Unidade Operativa de Drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI). Tamén participaron na busca os membros das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Lalín e Vila de Cruces.

O desaparecido non foi atopado ata o día de hoxe, nunha zona de difícil acceso próxima á residencia de maiores, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida. O corpo foi achado por un particular que colaboraba na busca.