Atopan morta unha moza de 29 anos con sinais de violencia no Barco de Valdeorras

0 minutes read

Unha moza de 29 anos apareceu morta na tarde deste venres na súa casa, no Barco de Valdeorras, con sinais de violencia. Foi unha compañeira de traballo a que deu a voz de alarma ao dicir que faltaba. A policía atopou o seu corpo e polo de agora non trascenderon detalles sobre a autoría do crime. No lugar dos feitos, na Avenida Conde de Fenosa, creouse un gran despregamento de forzas da orde que investigan que puido haber ocorrido.