Atopan o cadáver dunha persoa en Carballedo, tras caer ao río o coche que conducía

0 minutes read

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia do achado. Ao fío das 11:30 horas, este alertante, contactou co 112 Galicia para indicar que acababa de atopar un coche no río e que vía unha persoa afogada ao seu carón, no lugar de Tolda, en Aguada, no concello lucense de Carballedo.

De contado, os xestores do 112 puxeron en marcha un dispositivo no que ademais dos servizos sanitarios, interveñen os Bombeiros de Chantada, os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade.