Trátase do propietario dun dos barcos que amarran nesta zona. Tiña 59 anos e, segundo as primeiras hipóteses, puido enredarse no aparello e levar un golpe. Sobre as dez e cuarto da mañá deste sábado despregábase un operativo acuático para rescatar o corpo da auga. Con todo, abriuse unha investigación para esclarecer as causas do falecemento deste home nas augas da Mariña coruñesa. Lembramos que nesta mesma zona faleceron hai cinco anos dous mozos en senllos accidentes nocturnos, acontecidos en menos dun mes. Xestores do 112 informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao persoal de Salvamento Marítimo, ao Servizo de Garda Costas de Galicia e ao persoal da Autoridade portuaria da Coruña. Así mesmo, foron avisados os axentes da Garda Civil, que desprazaron ao punto un equipo de medios acuáticos, os axentes da Policía Nacional e Local.
32