Á primeira hora da mañá deste xoves deuse a voz de alarma para tratar de localizar a Jesús Vidal Cotelo, un veciño de Ponteceso de 64 anos de idade que segundo fontes próximas á súa contorna deixaría unha nota e desaparecera, posiblemente nun coche BMW de cor azul e con placas de matrícula C-AD. Circunstancias que agora se investigan para tratar de aclarar como o coche terminou no río Anllóns con Jesús dentro e a pouca distancia do seu domicilio, no lugar de Anllóns. Unha persoa que paseaba pola zona foi quen avistou o turismo no fondo do río, alertando diso á primeira hora da tarde. Acto seguido ao lugar desprazouse a Garda Civil e os GEAS, quen tras un minucioso traballo e o apoio dunha grua foron quen de recuperar o coche e á vítima, que foi trasladada ao CHUAC para realizarlle a autopsia.
38