10
Estaba na zona das Esclavas. Contra as 17:00 horas deste martes, o 112 Galicia foi coñecedor do achado. Segundo informou un particular, divisara o corpo dunha persoa aboiando na auga, preto dunhas pedras na zona das Esclavas.
Os xestores do 112 Galicia compartiron a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, con Salvamento Marítimo, co Servizo de Gardacostas de Galicia, coa Policía Nacional e a Local, cos Bombeiros da Coruña, coa Cruz Vermella e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Coruña, que xa se atopaban pola zona na procura dun desaparecido.
Logo de que fose recuperado o corpo da vítima, as forzas da orde investigan a identidade da persoa.