Atopan o corpo sen vida dunha persoa nun coche que estaba ardendo en Mañón

0 minutes read

O cadáver dunha persoa apareceu este mércores no interior dun coche que estaba ardendo nun monte de Mañón. O GES de Ortigueira acudiu apagar as lapas. Pero cando acabaron co lume déronse conta de que había un corpo dentro do vehículo. Polo de agora descoñécense as circunstancias que rodean este suceso. A Garda Civil investiga o caso e todas as hipótesis están abertas.