Atopan un corpo flotando nunha lagoa na Pastoriza

0 minutes read
  • A alerta deuna un particular sobre as 11:00 h da mañá deste martes

Unha persoa particular alertaba na mañá deste martes ao 112 Galicia do achado dun corpo humano flotando na lagoa de Fonmiñá, no concello da Pastoriza, en Lugo.

O Servizo de Emerxencia recibiu o aviso ás 11:00 horas e, a partir de aí, púxose en marcha o operativo de rescate, no que interviñeron ademais dos servizos sanitarios, os Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil.

As forzas da orde tratan de esclarecer as causas do suceso.