Atracan a dous repartidores no mesmo día nas aforas de Carballo

1 minutes read

Con preocupación e mesmo medo é como se senten estos días os repartidores de todo tipo de mercadorías ou alimentación, quenes afirman que a seguridade para eles é mínima en calquer zona ou barrio polos que traballan. Para mostra poñen o acontecido este sábado nunha zona da periferia de Carballo.

Sobre as dez da mañá unha repartidora de pan de Coristanco foi parada por dous individuos nunha estrada de acceso próxíma á saída hacia Malpica, tras deterse e preguntarlles que necesitaban, unha das persoas intimidaba á repartidora cun obxecto punzunte solicitándolle a recadación e todo o de valor que levase encima. Sen tempo a reaccionar quedaba sen nada.

Do mesmo xeito, pero unhas dez horas máis tarde, un repartidor dunha pizzería de Carballo, acercaba un pedido case ao mesmo lugar. Alí, a parte de non cobrar o pedido, tamén perdía a mercadoría toda que levaba así como o diñeiro do cambio que portaba. En vista do sucedido, as empresas meditan a posibilidade de restrinxir os servizos que prestan en zonas de risco ou seguridade mínima.