Atracan en Lugo unha administración de lotaría a punta de pistola

1 minutes read

Pasaban uns minutos das oito da mañá deste xoves cando dúas persoas encapuchadas asaltaron a administración de lotaría número 10 de Lugo, situada na rúa Lamas de Prado.

Pistola en man apuntaron ao loteiro, Guillermo Rodríguez, cando este se dispoñía a abrir para recoller a recadación que tiña acumulada na caixa forte e ir ao banco para facer un ingreso.

“Cando abrín a porta pola mañá empurráronme contra a parede e apuntáronme coa pistola. Pecháronme na oficina”, explicaba o loteiro.

Segundo fontes do sector, o diñeiro roubado podería alcanzar os 400.000 euros debido ao alto volume de vendas dos últimos días.

Dada a voz de alarma, varias patrullas da Policía Nacional presentáronse no lugar para atender ao dono do establecemento. Axentes da brigada Científica estudan as imaxes e todos os posibles restos que deixaron os atracadores para tratar de darlle curso á investigación aberta.