36
A farmacia das irmáns Garrido del Río sita na rúa Rosalía de Castro esquina coa rúa Lugo de Santa Comba sufríu un atraco ao mediodía deste mércores cando se dispoñía a pechar a xornada matinal pasadas as dúas da tarde. Dous individuos co rostro medio tapado e a punta de pistola un, e cunha barra de madeira o outro, amedrentaron ao personal e aos clientes que había no establecemento levándose a recadación da caixa. De momento non transcendiu a cantidade roubada nin se poderían haber participado máis persoas no atraco ous se a arma era de verdade ou simulada, a Garda Civil investiga os feitos e non se descarta ningunha hipótese.