Atropelan a un cámara da TVG diante do cuartel de Arteixo

0 minutes read

O home, S.E.C, de 41 anos, ía preguntar unha dirección e ao cruzar a estrada por paso de peóns foi alcanzado por un automóbil conducido por un home de 87 anos, informa a Garda Civil. Auxiliárono os gardas ata que chegaron dúas unidades do 061, e tras un primeiro exame foi trasladado ao Chuac. Segundo unha primeira valoración, o ferido sofre fractura de tibia e peroné, cóbado dereito e nocello esquerdo. O condutor que deu negativo en alcol dixo que non o viu. Instrúe dilixencias a Policía Local de Arteixo.