0
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, prevé que a Oficina Técnica da Seca, que se reúne a vindeira semana, manteña os niveis de prelaerta e alerta existentes ata o de agora malia as chuvias caídas. Nestes momentos está activada a prealerta nos sistemas do río Lérez -da ría de Pontevedra-; do río Grande -da ría de Camariñas- do río Mero, de Arteixo e da ría da Coruña e hai medidas equivalentes no subsistema de Baiona e seca prolongada no norte dende o río Mero ata a ría de Ribadeo. Este sábado, Gutiérrez aseguraba que as chuvias treboentas non son significativas á hora de paliar os problemas de escaseza. Insiste en que é preciso que as precipitacións sexan sostibles no tempo.