36
As farmacias galegas están a experimentar un aumento considerable de afluencia de público debido á habilitación da entrega de certificados de vacinación contra a covid-19 neste tipo de establecementos, un trámite sinxelo que asegura telo impreso no caso de non poder descargalo en Internet. Tan só hai que entregar a tarxeta sanitaria e xa se pode recoller o certificado impreso de vacinación, o de que se pasou a enfermidade ou o que constata a existencia dunha PCR feita polo Sergas.