Aumenta a tensión entre Serbia e Kósovo

1 minutes read

Serbia puxo ao seu Exército no máximo nivel de alerta de combate ante o aumento das tensións en Kósovo. Este martes, por décimo oitavo día consecutivo, as estradas no norte de Kósovo amenceron cortadas e sumáronse duas máis, no norte de Kosovska Mitrovica, o único dos catro municipios do norte do país onde non había barricadas.

Serbia responsabilizou a Pristina da escalada ao redor das protestas dos serbokosovares, que se manifestan contra medidas do Goberno central que consideran que os discriminan e que reducen os seus dereitos.

Serbia considera necesario dar estes pasos para defender a súa integridade territorial e aos seus cidadáns, así como para impedir un suposto «linchamento e o terror sobre os serbios (de Kósovo)» dos que acusa as autoridades kosovares, indica a nota.

O goberno kosovar, pola súa banda, ameazou con recorrer á forza para desbloquear as estradas se non actúa antes a KFOR, a misión da OTAN no país. Desde a OTAN instaron a ambas as partes para buscar unha solución dialogada aos conflitos e evitar unha maior escalada de tensións, un chamamento que secunda tanto a Unión Europea como Estados Unidos.