- De momento é un prototipo case terminado pero aínda en desenvolvemento, por iso non se desvelou o seu prezo.
A maioría dos usuarios, tanto particulares como profesionais, non necesitan máis de dúas ou tres pantallas cando usan un portátil. Pero hai que recoñecer que existen casos concretos onde se agradece que existan algunhas máis. Así que aquí está: o portátil Aurora 7 de Expanscape, o primeiro portátil do mundo con 7 pantallas.
É un portátil deseñado para desarrolladores, creadores de contido, xestores do sistema, científicos de datos, seguridade, economistas, etc. Profesións nas que manexas moitos datos ao mesmo tempo. Dispón de nada menos que 4 pantallas de 17,3 polgadas con resolución 4 K, e 3 pantallas de 7 polgadas con resolución 1920 x 1200 píxeles. Aínda que non son todas iguais, xa que teñen diferentes cocientes de pantalla. Unha das pantallas está no propio teclado, que ademais é un teclado completo de 104 teclas, do mesmo tamaño que un PC de sobremesa. Posúe un procesador Intel Core i9-9900 K con 8 núcleos e 16 fíos, e unha GPU non especificada. A memoria RAM alcanza os 128 GB.